Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

viernes, 22 de febrero de 2013

Que me contas? Bebé pato.

Inés, Hugo e Claudia representaron na biblioteca do cole o conto Bebé pato e todos os asistentes gozaron dunha actuación xenial. Parabéns polo voso esforzo e entusiasmo.

martes, 19 de febrero de 2013

Que me contas ? Bebé Pato

Este venres Claudia, Hugo e Inés lerán o conto "Bebé pato". Esperámosvos a todos e todas na biblioteca para gozar coa súa lectura. 



sábado, 16 de febrero de 2013

150 aniversario de Manuel Lugrís Freire.


O 11 de febreiro de 1863 naceu en Sada Manuel Lugrís Freire polo que este ano celebramos o 150 aniversario do seu nacemento. No CEIP Sada y sus Contornos realizaremos distintas actividades para conmemorar esta data e recordar a tan ilustre sadense e que tivo una relación directa coa nosa escola. Neste  espazo do blogue agruparemos as actividades, novas, enlaces, audios, vídeos... relacionados con Manuel Lugrís Freire.


Partida de bautismo de Lugrís (tomada da páxina da A.C. Irmáns Suárez Picallo)

Acto de Inauguración oficial do Ano Cultural Lugrís Freire o 14 de febreiro de 2013 na Capela de San Roque de Sada. O noso colexio participou a través de tres alumnos que leron un texto e un poema. Aquí podedes ver un vídeo do acto (do blogue galego da estación).
  1. Biografía de Manuel Lugrís Freire. Encontraredes moita información.
  2. Espazo dedicado a Manuel Lugrís Freire na Real Academia Galega. Biografía, obra e ligazóns.
  3. Manuel Lugrís Freire. Vídeo Letras Galegas 2006.

4.  Manuel Lugrís e as Mariñas de Sada. Libro de Miguel Gayoso. Aquí podedes acceder aos poemas facendo clic no seu nome:

Sada     Nova estrela     Fontán     Miña Terra

6.  O discurso de Lugrís Freire en Betanzos o 6 de outubro de 1907. Primeiro mitin político do que se ten constancia que se pronunciara integramente en lingua galega.

Aquí tedes outras pequenas obras de Lugrís Freire relacionadas con Sada.

O escarmento    A nogueira

Recuncho na biblioteca dedicado a Manuel Lugrís Freire.



LIM Historia da Escola "Sada y sus Contornos"



Chiquita namórase.

Estas son as fotos do conto que Lucía, Natalia, Eduarda, María e Sabela leron o venres. Parabéns a todas.

jueves, 14 de febrero de 2013

Que me contas? Chiquita namórase.

Este venres Lucía (2º), Sabela, María, Natalia y Eduarda (todas de 3º) compartirán con nós o conto Chiquita namórase, título moi apropiado para as datas nas que nos encontramos.



sábado, 9 de febrero de 2013

Recursos creativos.

Dentro do programa de mellora da expresión escrita, o equipo de biblioteca preséntavos unha serie de ferramentas e enlaces para que os nenos e nenas creen contos, historias, comics, poesías... Non esquezades que as creacións as podedes subir ao blogue da biblioteca. Facede clic nas imaxes e coñeceredes en que consisten.