Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

jueves, 3 de mayo de 2012

Estimados seguidores deste Blogue, levamos máis dun mes sen conserxe...



Non só temos que abrir cando chaman...facemos as fotocopias, montamos os portátiles e os desmontamos,limpamos os iogures cando caen no recreo,desinfectamos cando hai que desinfectar,repartimos circulares, facemos manzanillas e ademáis limpamos algunha que outra vomitona...
E sabedes unha cousa, non se me caen os anillos por facer todo isto ...pero, mentres o fago, os rapaces non están atendidos como debería ser...
Eu amo a miña profesión, xa son 32 anos de ver pasando rapaciños ...pero o que está a pasar neste Concello descoloca ata o máis optimista...non lles importa en absoluto a educación pública...así que tomo a decisión de pechar os Blogues que xestiono eu, ...sintoo polos rapaces pero sinto que debo loitar ...apoio totalmente a iniciativa dos pais-voluntarios como conserxes e deciros que a considero unha protesta en positivo, neste caso non podo colaborar porque evidentemente non podo estar nos dous lados, pero sí podo pedir a  colaboración de tódolos pais...por eles, polos vosos fillos.
Co meu agradecemento.Un saúdo.Luisa.