Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

sábado, 4 de junio de 2016

"O regato do Cepelo" de Manuel María. Actores: Alumnos de 4º de E:P:

Durante estes días estiveron no colexio representando unha obriña de Manuel María os rapaces de 4º. Titúlase " O regato do Cepelo" no que se denuncia e combate a destrucción da Natureza para dar paso a novas construccións. Unha pequena confrontación entre o alcalde, o pobo , os animais e as constructoras.
Ao final sae gañando a Natureza.
Bravo polos rapaces de 4º!
Bravo pola súa directora de teatro!
Bravo por Manuel María!...que nos lembra que a Natureza é unha das mellores cousas que temos e que debemos conservar.
Aquí deixamos constancia do ben que o fixeron estes rapaces convertidos todos nuns grandes actores e actrices. Parabens a todos!

O Regato do Cepelo 4º from efsadaycontornos on Vimeo.

martes, 24 de mayo de 2016

domingo, 24 de abril de 2016

Onte foi o Día do Libro, onte en moitos lugares léronse poemas de Manuel María.

O pobo galego ten que ser o protagonista da reposición e normalización do seu idioma en todos os espazos e lugares e para todos os usos, activándose os 365 días dos ano.
O Día do libro quixo homenaxear a Manuel María a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.

“A fala”. Manuel María

“A fala”
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a língua
se queremos vencer!

23 de Abril. Día do libro.



Sada celebra o Día do Libro con 

identificadores e actividades de lectura na rúa.

sábado, 27 de febrero de 2016

Os rapaces de 5º escriben e ilustran contos para o Kamishibai. Parabens rapaces!

Despois imos contarllelos aos rapaces de Educación infantil e 1º Ciclo. Tamén decidimos convertirnos en Editorial. Chámase Editorial L,L,SL.

miércoles, 24 de febrero de 2016

sábado, 16 de enero de 2016

viernes, 15 de enero de 2016

Xornada electoral 2ª Volta.Hoxe, despois do recreo.

Presidindo a mesa dous rapaces de 5º, Walda e Sofía,  e dous de 6º Lúa e Hugo repetiremos a votación para elexir o nome da nosa mascota. Nesta ocasión decidiremos entre LECTURITAS o BONGONGO.Votarán todos os membros da Comunidade Educativa do Colexio.
Xa está todo listo.Hoxe coñeceremos , por fin, como se chama a nosa mascota.