Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

miércoles, 31 de octubre de 2012

Lecturas de medo 3.

Terceira entrega das lecturas de medo na nosa Biblioteca, os lectores foron:
  • Lúa, María e Jonathan de 3º, Bat Pat y el pantasma do Dr. Tufo.
  • Vicky e Álison de 6º, O misterio dos fillos da Lúa.
  • Adrián e Joel de 3º, O misterio do tren pantasma.
  • Hugo Portela de 4º,  Guillermo y el miedo.

viernes, 26 de octubre de 2012

Lecturas de medo 2.

Hoxe continuaron as lecturas de medo nos recreos e nesta ocasión tivemos a sorte de contar con:
  • A clase de 2º representou o conto Que ven o lobo.
  • Adriana, Nerea e Mar de 5º.
  • Javier, Natalia, Letizia e Hugo de 3º leron un fragmento de Guillermo y el miedo.
  • Iria de 4º Kika Superbruja y el castillo de Drácula.

jueves, 25 de octubre de 2012

Lecturas de medo na Biblioteca 1

Hoxe comezaron na nosa Biblioteca as lecturas de libros e contos de medo. Os encargados de abrir esta terrorífica actividade foron.
  1. Roberto de 4º O misterio do cemiterio vello.
  2. Antón de 3º A bruxa Regañadentes.
  3. Laura e Candela de 5º A miña amiga a escuridade.
  4. Uxía e Alba de 6º Bat Pat e o tesouro do cemiterio.

miércoles, 24 de octubre de 2012

Corre corre, cabaciña.

Os nenos e nenas de 6º representaron hoxe na biblioteca do colexio o conto "Corre corre, cabaciña". O éxito foi enorme e xa están recibindo ofertas de Hollywood. Parabens polo traballo realizado.

 

martes, 23 de octubre de 2012

Día da Biblioteca 2012: O xardín onde florecen as palabras.

O 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca, con tal motivo no noso centro preparamos unha serie de actividades. Os  nenos/as de 6º representarán para todo o colexio "Corre corre, cabaciña" e ao remate teremos unha sorpresa moi agradable...
PREGÓN DO DÍA DE BIBLIOTECA


 Non vin vella nin velliña, nin velliña nin vellón. Corre corre, cabaciña. Corre corre, cabazón!, respondía á cabaza que ía rodando polo camiño, ante a mirada estupefacta do lobo, do oso e do león. Quen estará dentro dela, facendo burla das tres feras?

Corre corre, cabaciña é un conto popular portugués, de gran tradición no país veciño, mais que aínda non fora editado en galego. Relata a historia dunha velliña que, de camiño ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence os animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras.


Ben que baixo denominacións diversas: A vella e os lobos, O macaco e a cabaça (na versión brasileira), A cabacinha ou A vella que ia na calabaça e encontrou um lobo, Alice Vieira, escritora sobranceira en Portugal, ou compiladores de contos tradicionais lusos como Adolfo Coelho, S. Romero, A. Oliveira ou L. Vasconcellos, recolleron incontables variantes desta historia por todo país e tamén polo Brasil. Nalgunha delas, os animais devoran a avoa, mais nesta adaptación elixiuse un final en que a vella e a neta, con enxeño, humor e imaxinación, conseguen superar os conflitos e dárllelo seu merecido ás tres feras. Cun ritmo áxil e co «lenga lenga» —case un trabalinguas—, aínda vivo nas versións portuguesas que circulan ata o de agora, este conto multiplica as posibilidades expresivas da narración e da representación teatral.


Por último, André Letria, ilustrador de gran prestixio alén do Miño e gañador en varias ocasións do Premio Nacional de Ilustración de Portugal, crea personaxes de gran forza e personalidade, que dota dunha expresividade acentuada e dun imaxinario humorístico ben definido.

Texto de Eva Mejuto, a partir dun conto popular portugués
Ilustracións de André Letria


sábado, 20 de octubre de 2012

Contos para asustar ao medo.

Achégase a celebración do Samain, antiga festividade celta coa que se pretende naturalizar e desdramatizar a morte, con tal motivo a  editorial OQO presenta unha serie de contos para asustar ao medo.


              


martes, 16 de octubre de 2012

Dentro da miña imaxinación.

Hai un lugar máxico onde sempre podes ser ti mesmo. Nese máxico lugar podes acender a túa luz e con ela iluminar a túa vida. Ese lugar é a túa imaxinación. A túa imaxinación ten vida e voz propia. A túa imaxinación é a expresión da túa liberdade.


Dentro da túa imaxinación calquera cousa boa pódeche suceder. Dentro da túa imaxinación podes ser quen ti queiras ser. Dentro da túa imaxinación ti es o rei ou a raíña da túa creación e cando ti elíxelo, cambia todo ao redor. Dentro da túa imaxinación podes crear mundos... ¡e despois na realidade tamén!

Este conto, para nenos e adultos, invítanos a abrir a porta á nosa imaxinación e xogar a descubrir como funciona por dentro ese lugar onde sempre podemos sentir e ser nós mesmos. E dentro da túa imaxinación?… que hai?


Detalles del libro

Autora: Marta Arteaga
Editorial:  Cuento de luz 
Ilustradora: Zuzanna Celej
ISBN: 9788415241102
Paginas: 24
Papel: FSC
Cubierta: Tapa dura
Dimensiones: 21 x 26 cm
Idioma: Castellano

Caillou.Decorando Cabazas...

domingo, 14 de octubre de 2012

Lecturas de medo e misterio. 3º ciclo.

Maxia, misterio, aventuras e moitas emocións no interior destes libros. Se che gustan os libros, recomenda a súa lectura aos teus compañeiros/as na dereita do blogue (3).

          

         

        

Libros de medo. 1º ciclo.

Aquí tedes unha selección de lecturas de medo e misterio que podedes atopar na nosa biblioteca. Se che gustan os libros, pregúntalle á túa mestra como podes recomendalos aos teus compañeiros/as.

Lecturas de medo. 2º ciclo.

Aquí tedes unha selección de lecturas de medo e misterio que podedes atopar na nosa biblioteca. Se che gustan os libros non esquezas recomendar a súa lectura aos teus compañeiros no espazo dedicado ás recomendacións de 2º ciclo, no  2 que hai na parte dereita do blogue.

viernes, 12 de octubre de 2012

Premio Nobel de Literatura.

O escritor chinés Mo Yan foi o elixido este ano para levarse o Nobel de Literatura. Mo Yan, segundo a academia, "mestura, cun realismo alucinatorio, contos folclóricos, historia e o contemporáneo". Mo Yan (Gaomi, China, 1955), un dos novelistas chineses máis lidos, converteuse no primeiro escritor desa nacionalidade que obtén o Nobel. Gao Xingjian, gañador no ano 2000, tiña nacionalidade francesa aínda que a súa obra está escrita en chinés.
Mo Yan é o seu alcume, que significa en mandarín "Non fales". O seu verdadeiro nome é Guan Moye.
Mo Yan en la wikipedia




Kalandraka. Premio Nacional á mellor labor Editorial de 2012.

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte concedeu á editorial pontevedresa Kalandraka o Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural 2012 polo seu "compromiso coa literatura infantil, destacando o coidado dos textos, xunto coa calidade da ilustración e a dedicación a xéneros máis complexos como a poesía" e cualifícaa de "un referente en España e no estranxeiro". Kalandraka é a primeira editorial galega e tamén a primeira de literatura infantil e xuvenil que recibe este importante galardón. Felicidades.

Tempo de Samain.

Achégase o Samain, tempo de misterio e maxia. Dende a biblioteca do cole prometémosvos unhas lecturas de medo... Uhhhhhhhhh