Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

sábado, 16 de febrero de 2013

150 aniversario de Manuel Lugrís Freire.


O 11 de febreiro de 1863 naceu en Sada Manuel Lugrís Freire polo que este ano celebramos o 150 aniversario do seu nacemento. No CEIP Sada y sus Contornos realizaremos distintas actividades para conmemorar esta data e recordar a tan ilustre sadense e que tivo una relación directa coa nosa escola. Neste  espazo do blogue agruparemos as actividades, novas, enlaces, audios, vídeos... relacionados con Manuel Lugrís Freire.


Partida de bautismo de Lugrís (tomada da páxina da A.C. Irmáns Suárez Picallo)

Acto de Inauguración oficial do Ano Cultural Lugrís Freire o 14 de febreiro de 2013 na Capela de San Roque de Sada. O noso colexio participou a través de tres alumnos que leron un texto e un poema. Aquí podedes ver un vídeo do acto (do blogue galego da estación).
  1. Biografía de Manuel Lugrís Freire. Encontraredes moita información.
  2. Espazo dedicado a Manuel Lugrís Freire na Real Academia Galega. Biografía, obra e ligazóns.
  3. Manuel Lugrís Freire. Vídeo Letras Galegas 2006.

4.  Manuel Lugrís e as Mariñas de Sada. Libro de Miguel Gayoso. Aquí podedes acceder aos poemas facendo clic no seu nome:

Sada     Nova estrela     Fontán     Miña Terra

6.  O discurso de Lugrís Freire en Betanzos o 6 de outubro de 1907. Primeiro mitin político do que se ten constancia que se pronunciara integramente en lingua galega.

Aquí tedes outras pequenas obras de Lugrís Freire relacionadas con Sada.

O escarmento    A nogueira

Recuncho na biblioteca dedicado a Manuel Lugrís Freire.



LIM Historia da Escola "Sada y sus Contornos"



No hay comentarios:

Publicar un comentario