Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

lunes, 24 de octubre de 2011

Día da biblioteca (24 de outubro)

Para celebrarmos o Día da biblioteca (24 de outubro), o mes da biblioteca escolar, un curso máis, a Consellería de Educación edita un cartaz cunha imaxe dun autor galego. Nesta ocasión, Emma Ríos, ilustradora do mundo do cómic, interpreta o lema proposto, Biblioteca escolar, última xeración, e ofrécenos unha visión alegre e cómplice do que son e poden ser as bibliotecas escolares: lugares de encontro e de convivencia, espazos de aprendizaxe e de contacto gozoso coa cultura escrita; integración dos distintos soportes e formatos que albergan a información e os contidos culturais, oportunidades para soñar e imaxinar; apoio para a adquisición de competencias básicas e construción de coñecementos de calquera tipo; escolas de cidadanía.

viernes, 14 de octubre de 2011

...Adicado a todos os nenos chamados Ernesto que teñen un Colexio amplo e no casco urbán...i

Ou chamados...David,Javier,Carmen,Lucía,Karla,Carlos,  Hugo,Nicolás,Max,Alba,Samuel,Carmen,Elías,
Daniela,Walda,Camila,Inés,Pablo,Adrián, Alba, Joel,  Claudia , Nicole..que non o teñen ...pero que aínda teñen  a posibilidade de conseguilo...

Adicado tamén a todos os alumnos e as súas familias que loitan e seguen loitando pola ampliación do Colexio sabendo que eles xa nunca o disfrutarán...