Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

sábado, 23 de marzo de 2013

Que me contas?

O venres pasamos un recreo moi divertido grazas ás lecturas que realizaron Gabriel, Eduarda, Roberto, Zeltia, Iria e Carolina.
Negros e Brancos



O ratón de campo e o ratón de cidade

jueves, 21 de marzo de 2013

Día da árbore

Hoxe celebramos o Día da Árbore e non hai mellor homenaxe que ler un dos moitos libros que temos na nosa biblioteca. O Carballo.
O carballo é unha árbore emblemática de Galicia.
Neste libro de Calros Silvar, o Carballo cóntanos como é a súa vida                   
e as relacións cos demais seres vivos do seu  ecosistema, con quen se
 leva mellor e quen o amola. Tamén nos recorda o importante que foi 
e é para as persoas, e como estas son na actualidade o seu maior inimigo.
Alerta dos perigos que o axexan no presente e fai unha chamada para 
procurar a súa defensa como un piar básico da conservación da natureza.

Finalmente, achegándose ao terreo cultural, explica os usos que as persoas fixeron deles e a importancia que en determinados aspectos tiveron para a evolución de moitos pobos e a súa pegada na cultura popular.
Convén salientar tamén, e de forma moi especial, o magnífico traballo de ilustración do seu autor, poñendo en evidencia o alto nivel da ilustración da natureza no noso país, onde Calros Silvar destaca por méritos propios.
Calros Silvar é integrante da Fundación Fragas do Mandeo e neste curso agasallounos cos magníficos cromos que ilustran o álbum "Custodiamos a biodiversidade da natureza de As Mariñas" dentro do proxecto Voz Natura no que participa o noso centro.
O Carballo é un libro para ver, ler e compartir.
Podedesde velo no ricón de Voz Natura da biblioteca.
Edita Bahía Edicións



miércoles, 20 de marzo de 2013

Que me contas?

Este venres gozaremos coa lectura de dous contos:
  • Zeltia, Iria e Carolina lerán Negros e Brancos.
  • Gabriel, Roberto e Eduarda lerán O ratón de campo e o ratón de cidade.


viernes, 8 de marzo de 2013

Que me contas? Aínda nada?

Aquí tedes as fotos da lectura e representación do conto Aínda nada? que realizaron Joel, Alba Souto, Carmen Mahía e Carmen Castelo. Parabéns polo gran traballo.

jueves, 7 de marzo de 2013

Día Internacional da Muller: 8 de Marzo.

O 8 de marzo celebramos o Día Internacional das Mulleres, este día converteuse nunha xornada de reflexión sobro o longo camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos, aínda que queda moito para conseguir a tan ansiada igualdade.
Coa actividade A miña muller especial o CEIP Sada y sus Contornos quere recoñecer a importancia que as mulleres teñen na vida do noso alumnado.


Aquí tedes algunhas recomendacións:

A Voda dos ratos. + de 3 anos.
—Non vas casar cun rato negro, 
feo e fraco coma un fiúncho.
Ti tes que casar co máis forte do planeta, 
e ese non o é –dixo sinalando cara ao rato.
Desta forma irada reacciona o emperador dos ratos da Cochinchina cando a súa filla, unha preciosa rata branca coma a neve, se presenta da man dun rato gris escuro case negro. Convencido de que o que ten ante el dista moito da súa esixencia, ofrécelle a man da súa pequena ao Sol.

Margarita del Mazo & Lisa Kaser
ISBN: 978-84-9871-373-2
40 páxs. / Cartoné
Editorial: OQO.


¿Quen traballa na casa? + de 6 anos. Dispoñible na biblioteca.
Xacinto e Pablo (pai e fillo respectivamente), non axudan a nada na casa. Mentres, Rosa non para de traballar. Ata que, un día, ela decide marcha soa a Eivissa e a eles non lles queda outra que aplicarse.
Libro en pdf

Ricardo Alcántara
ISBN: 9788426350299
48 páxs. / Tapa dura
Editoral: EDELVIVES


El autobús de Rosa. + de 9 anos.

O autobús que cambiou o rumbo da historia...


1 de decembro de 1955, Alabama, Estados Unidos. Como cada mañá Rosa Parks, volvía á casa despois da súa xornada de traballo. Cando tomou asento o condutor pediu os pasaxeiros de raza negra que levantaran e deixasen libres os asentos que ocuparan para que se sentasen os pasaxeiros de raza branca. Tres persoas de raza negra erguéronse, pero nese momento Rosa permaneceu impasible e negouse a ceder o seu asento. A súa negativa levaríaa ao cárcere por desorde pública.

Anos máis tarde visitando o Henry Ford Museum un avó octoxenario conta esta historia ao seu neto movido quizais polo remordemento de non ter actuado o do mesmo xeito aquela mañá na que cedeu o seu asento a un branco, no autobús de rosa e tamén para que recorde esa escura etapa da historia do seu país.


Fabrizio Silei e Maurizio A.C. Quarello
ISBN: 978-84-15208-09-9
40 páxs. Cartoné
Editorial: Barbara Fiore Editora.

Guía de lectura Ser mujer do Club Kirico


Que me contas? Aínda nada?

Carmen Castelo, Joel, Alba Souto e Carmen Mahía compartirán connosco o conto Aínda nada?