Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

lunes, 29 de abril de 2013

Onde as árbores cantan.

Aquí tedes un dos libros que os nenos/as de 3º ciclo pensan que non podedes deixar de ler Onde cantan as árbores.
Viana, la única hija del duque de Rocagrís, está prometida al joven Robian de Castelmar desde que ambos eran niños. Los dos se aman y se casarán en primavera. Sin embargo, durante los festejos del solsticio de invierno, un arisco montaraz advierte al rey de Nortia y sus caballeros de la amenaza de los bárbaros de las estepas... y tanto Robian como el duque se ven obligados a marchar a la guerra. En tales circunstancias, una doncella como Viana no puede hacer otra cosa que esperar su regreso... y, tal vez, prestar atención a las leyendas que se cuentan sobre el Gran Bosque... el lugar donde los árboles cantan.


Vídeo promocional





Título: Onde as árbores cantan
Editorial: SM
Encadernación: rústica
Colección: fóra de colección
Páxinas: 477
Ano de publicación: 14 de outubro 2011
Ilustración de cuberta: Cris Ortega
ISBN: 978 - 84 -675 -5003 - 0
Observacións: Libro único.

sábado, 27 de abril de 2013

Que me contas? A ratiña presumida.

Uxía, Irene, Eva, Laura e Noa M. leron e representaron de unha maneira formidable o conto da ratiña presumida. Todos/as os asistentes saíron encantados co espectaculo do que gozaron. Parabéns polo voso esforzo e entusiasmo.


jueves, 25 de abril de 2013

365 bicos

Cada día un bico.
Esta o bico do tiranosauro, un bico na neve, o bico de Carapuchiña vermella, o bico da balea... Un montón de bicos. Bicos de todo tipo... Un bico para cada día do ano.


É un libro precioso, moi visual e de grandes dimensións. Cada dobre páxina está dedicada a un mes do ano, e nela todo un despregamento de animais e personaxes danse bicos por parellas. Basicamente trátase de 26 páxinas nas que se ven 365 bicos debuxados: de animais, de persoas, no mar, na granxa, na cidade. Todos se bican!
Unha proposta que traballa a educación emocional e afectiva dos máis pequenos animándoos a expresar o afecto polos demais e ao mesmo tempo ser capaces de recibilo.

 



Título: 365 Bicos
Escritor: Kimiko
Ilustrador: Kimiko
Tradutor: Rafael Ros Sierra
Editorial: Corimbo
Cidade: Sant Joan Despí (Barcelona)
Ano: 2011
N.º páx.: 24
ISBN: 978-84-8470-433-1
Álbum
A partir de dous anos

martes, 23 de abril de 2013

Día do libro

Hoxe para conmemorar o Día do Libro celebramos no noso colexio un rastrillo solidario para recadar fondos para a Fundación Fragas do Mandeo, o resultado foi todo un éxito.
Da venda dos libros recollidos no centro recadáronse 318,50 € e dos libros vendidos pola Fundación pola tarde 93,60 €. En total 412,10 €.
Co recadado a Fundación adquirirá unha finca para custodia do territorio no entorno do río Mandeo. No momento que se proceda á compra daremos máis información dos detalles.
Pica na imaxe para ver o álbum de fotos publicado no xornal La Voz de Galicia.


viernes, 19 de abril de 2013

miércoles, 17 de abril de 2013

Rastrillo Solidario

O próximo martes 23 de abril, dentro do Proxecto Voz Natura que está a desenvolver o noso colexio, realizaremos un rastrillo solidario de libros. Para levar a cabo esta actividade solicitamos a colaboración das familias coa aportación de libros de literatura infantil e xuvenil e tamén de temática ambiental ou sobre a Natureza. Pídese unha pequena colaboración con libros, usados e en bo estado. A racadación da venta dos libros destinarase á Fundación Fragas do Mandeo.


 

lunes, 15 de abril de 2013

Dorothy: Unha amiga diferente.

"A miña amiga Dorothy é moi, moi grande; sempre deixa caer miguitas cando come e moitas veces póusanselle paxaros na cabeza sen que ela se decate..."


DOROTHY, unha amiga diferente é un entrañable e divertido conto que nos desvela a riqueza que supoñen esas persoas especiais que todos temos a noso arredor, aquelas que máis nos necesitan e que tantas alegrías nos poden achegar no noso día a día.

Open publication - Free publishing - More amistad

Un verdadeiro canto á valentía de todos aqueles que, grazas á súa solidariedade e tenrura, fan do noso mundo un lugar mellor no que vivir.



Autora: Roberto Aliaga
Ilustradora: Mar Branco
ISBN: 978-84-15619-77-2
Paxinas: 30
Papel: FSC
Cuberta: Tapa dura
Dimensións: 23 x 23 cm
Idioma: Castelán

domingo, 14 de abril de 2013

Que me contas? Eu non fun!

Os nenos e nenas de A.E. de 4º leron e representaron o venres Eu non fun! Os que asistiron á biblioteca gozaron co ben o o fixeron. Parabéns!

viernes, 5 de abril de 2013

Que me contas? A Bela e a Besta

Inés, Lucía, Daniela, Claudia, Adrián, Samuel, Elías e Adrián leron e representaron hoxe na biblioteca A Bela e a Besta. Bravo!




jueves, 4 de abril de 2013

Voz Natura: O mosaico rural

Neste mes poderedes coleccionar os cromos correspondente ao último hábitat do álbum: o mosaico rural.
Cada vez que leves un libro poderás elixir un cromo deste hábitat. Animádevos a coleccionalos todos.
Se queres ver os seis cromos do mosaico rural pica na imaxe.