Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

viernes, 30 de noviembre de 2012

Reparto do álbum e dos cromos.

Repartiuse o álbum aos nenos/as do cole. Os cromos iranse entregando cada vez que se retire un libro de lectura. Facede clic nas imaxes e teredes acceso ao blogue de Voz Natura da nosa escola, poderedes ver as fotos do primeiro día de reparto de cromos e o álbum.
Reparto de cromos

Álbum

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Educando en valores.

Nestas semanas estivemos realizando distintas actividades relacionadas cos Dereitos do Neno e co Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Aquí tedes algunhas fotos das mesmas.
20 de novembro. Dereitos do neno


25 de novembro. Día Contra a Violencia de Xénero

lunes, 26 de noviembre de 2012

25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Esta semana no noso colexio a estamos adicando a sensibilizar aos nosos nenos/as no relativo á violencia de xénero. Entre todos e todas elaboramos este mural que preside a entrada.

miércoles, 21 de noviembre de 2012

Lecturas sobre dereitos.

Fume

Unha conmovedora historia de Antón Fortes cunhas intensas imaxes da polaca Joanna Concejo, de gran sensibilidade e fermosura, pese a reflectir a terrible realidade do protagonista. Realidade que resulta aínda máis cruel ao enfrontala de xeito recorrente coas lembranzas da súa vida anterior, de onde foi arrancado, de onde foron arrancados todos.



                                               Á sombra dos anacardios



Ten flores verdes, ás veces amarelas,
e unhas froitas vermellas que se comen.
Sempre lle pregunto cándo vou curar,
para non ir máis ao hospital.
As follas abanean co vento…
Parecen dicir: Axiña…, axiña…!

Caixa de cartón

Neste álbum, Txabi Arnal e o ilustrador iraniano Hassan Amekan únense para ofrecer unha crónica da inmigración, mais desde un punto de vista moi diferente ao que a diario nos presentan os telexornais e periódicos. Nestas páxinas non hai análises de xornalistas, nin estatísticas; só a voz valente dos protagonistas deste auténtico drama humano e vai ser unha nena inmigrante a que en primeira persoa nos relate a súa historia.

Mamá gastou todos os seus aforros.
Comprou un billete para unha embarcación
que nos debía levar a unha terra
Onde as nenas non dormen en caixas
nin as mamás choran.

Cobertor de estrelas
Cobertor de estrelas trata de maneira literaria, os problemas dos nenos abandonados nas rúas brasileiras. Á marxe da sociedade e sen vínculos familiares, a súa infancia transcorre na rúa, alí dormen, brincan, rouban e tentan defenderse dos perigos que os espreitan. Esa é a realidade retratada en Cobertor de estrelas, un libro escrito desde a óptica dun meniño da rúa que quere aprender a escribir. Grazas a esta ilusión, o pequeno recobra as esperanzas de saír da pobreza e mais da violencia que o rodean.



Canción para un niño en la calle, Mercedes Sosa y Calle 13.

domingo, 18 de noviembre de 2012

20 de Novembro: Día Universal da Infancia.

O 20 de novembro celebramos o aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno. Nestes días no noso colexio estamos realizando distintas actividades para conmemorar esta data.  Aquí tedes algúns recursos e suxestións.
Enrédate con UNICEF

A Convención adaptada para todos.


Os dereitos por Malfalda.



Dereitos da infancia no cine.

La gran aventura de los Lunnis: En busca de los derechos perdidos.


Pocoyo e os seus amigos ensinannos os dereitos da infancia.

Dereitos do neno: animación.

Canción dos dereitos do neno.

jueves, 15 de noviembre de 2012

CARIDE, Ramón: A negrura do mar. Ed. Xerais.

Para o Terceiro Ciclo:

Said e Sheila relatan unha viaxe do 2076 polo Océano Atlántico por mor
dunha alarma medioambiental, unha posible marea negra, que os leva a
viaxar ao 2002, cando afundiuse o Prestige.


FERNÁNDEZ PAZ, Agustín: A praia da esperanza. Ed. Xerais de Galicia


Para o 2º Ciclo:
Conto sobre o afundimento do petroleiro Prestige e a marea negra que
provocou, a través dos ollos dunha nena, Raquel, e a buguina que recolleu
 na praia.



¡NUNCA MÁIS!. A ollada da infancia.


Conto, poemas, actividades e debuxos que plasman a visión dos cativos
sobre a catástrofe do Prestige.

Un libro nestas datas...Marea Negra...

Para o Primeiro Ciclo:
Hai xa 10 anos que un petroleiro chamado Prestige causou en Galicia a maior catástrofe medioambiental nas nosas costas...Esperemos que isto "Nunca máis" volva a suceder...
Na Biblioteca hai un libro que o recorda...Marea Negra...para os máis pequenos...O naufraxio dun barco petroleiro enche o mar de alcatrán. A vida das gaivotas está ameazada, pero os animais dunha granxa da riberia bótanseao mar a socorrelas...



Aquí tedes un vídeo para recordar e emocionarvos...

lunes, 12 de noviembre de 2012

Malos, malosos.

Aquí tedes algúns dos Malos, malos que os nenos e nenas do noso colexio debuxaron para o Samain.