Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

domingo, 24 de abril de 2016

Onte foi o Día do Libro, onte en moitos lugares léronse poemas de Manuel María.

O pobo galego ten que ser o protagonista da reposición e normalización do seu idioma en todos os espazos e lugares e para todos os usos, activándose os 365 días dos ano.
O Día do libro quixo homenaxear a Manuel María a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.

“A fala”. Manuel María

“A fala”
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a língua
se queremos vencer!

No hay comentarios:

Publicar un comentario