A Declaración dos Dereitos do Neno foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en Resolución do 20 de novembro de 1959. Non ven mal recordalos, son dez (e poden servir para traballar con alumnos maiores e tamén con pequenos):
1. Dereito a igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.
2. Dereito a unha protección especial para que poidan medrar física, mental e socialmente sanos e libres.
3. Dereito a ter un nome e unha nacionalidade.
4. Dereito a unha alimentación, vivenda i atención médica axeitadas.
5. Dereito a educación e atencións especiales para os nenos física ou mentalmente disminuidos.
6. Dereito a compresión e amor por parte das familias e da sociedade.
7. Dereito a unha educación gratuita. Dereito a divertirse e xogar
8. Dereito a atención e axuda preferente en caso de perigo.
9. Dereito a ser protexido contra ó abandono e a explotación no traballo.
10. Dereito a recibir unha educación que fomente a solidariedade, a amizade e a xustiza entre todo o mundo.
¡Y habrá escuelas neutras allí! Nada tendrá fuerza suficiente para evitarlas.Y el progreso ganará lauros;la libertad entonará nuevos himnos a Minerva, y la Razón satisfecha, abrirá nuevos surcos en la conciencia y en el pensamiento de la romántica villa. (Sin nombre, 06/1920)
Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.
No hay comentarios:
Publicar un comentario