Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

viernes, 31 de mayo de 2013

Que me contas? Os 3 porquiños

Hoxe gozamos coa representación que David, Adrián, Nicolás, Elías, Joel, Pablo e Alba S. fixeron dun conto clásico: Os 3 porquiños.

sábado, 25 de mayo de 2013

jueves, 16 de mayo de 2013

Conmemoración do Centenario da Sociedade Sada y sus Contornos

Hoxe celebramos na Casa da Cultura o centenario da fundación da Sociedade Sada y sus Contornos, toda a comunidade educativa do noso centro gozou  cun emotivo acto no que quixemos recordar a todas aquelas persoas que co seu esforzo, dedicación e altruismo fixeron posible a creación da nosa Escola.



1 Centenario Sada y Contornos from Sada y sus Contornos on Vimeo.


3 Sada y sus C Roi 2 from Sada y sus Contornos on Vimeo.

Poema Nova Estrela ilustrado e recitado polos nosos/as nenos/as.

miércoles, 15 de mayo de 2013

Sada y sus Contornos

Aquí tedes dous traballos realizados polos nenos/as de 5º e 6º sobre la Sociedad Sada y sus Contornos.

Sada y sus Contornos. Quinto de primaria.

Sada y sus Contornos. Sexto de primaria.

sábado, 11 de mayo de 2013

Manuel Lugrís Freire ilustrado polos nenos/as do noso colexio.

Para conmemorar o 150 Aniversario do nacemento de Manuel Lugrís Freire os nenos/as do cole ilustraron algúns dos poemas que aparecen no libro As Mariñas de Sada, Homenaxe á Sociedade Sada y sus Contornos.
Sada polos nenos/as de 1º







Fontán polos nenos/as de 3º e 4º



LIM sobre o Centenario da Sociedade Sada y sus Contornos

Como xa sabedes este ano celebramos o Centenario da creación da Sociedade Sada y sus Contornos. A mellor maneira de homenaxear a aqueles sadenses e contando a súa historia para que o paso do tempo non a deixe no olvido.Vai por eles. A mestra Luisa elaborou o LIM "Historia da Escola Sada y sus Contornos" para que todos e todas podamos coñecer un pouco mellor a nosa historia. Facede clic na imaxe para acceder ao LIM.


Encontro cun ilustrador: Carlos Silvar.

Carlos Silvar é un dos mellores ilustradores que temos en Galicia. O venres veu ao noso colexio a presentarnos o seu último libro: O Carballo. Mostrounos as ilustracións do libro e foinos contando os segredos da árbore máis maxestuosa e lonxeva da nosa terra. Algúns exemplares mesmo chegan aos 900 anos.
Aprendimos moitas cousas sobre a importancia que ten preservar estas árbores e os bosques que forman: as fragas.
Ao remate fíxonos unha bonita dedicatoria no libro que temos no rincón Voz Natura da biblioteca do noso co
lexio.