Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

viernes, 4 de diciembre de 2015

jueves, 3 de diciembre de 2015

Xornada electoral para elexir o nome da mascota.

Hoxe foi un día importante.Todos fomos ata a Biblioteca para elexir de forma democrática o nome da nosa mascota.A xornada transcurriu de forma tranquila.Non houbo ningún problema salientable.Na lista do censo de 2º faltaban dúas alumnas, problema que foi arranxado de xeito inmediato e as alumnas puideron votar.
Mañá no tempo do recreo farase o reconto e poderemos coñecer o resultado da votación.
Xa sabedes que  podedes asistir.


miércoles, 2 de diciembre de 2015

Mañá xoves, día de votación no Colexio.

Mañá, despois do recreo eleximos de forma democrática o nome da nosa mascota.Os alumnos de Primaria terán que ir votar co seu carnet da Biblioteca.Non o esquezades!Esperamos sexa unha xornada electoral moi leda para todos.
O venres farase o reconto dos votos no recreo. Todos os que queiran asistir poderán facelo.Será na Biblioteca.Lembrade que non se pode merendar dentro.
Grazas a todos por participar.

viernes, 6 de noviembre de 2015

Membros que presidirán a mesa electoral.

Elexidos por sorteo, formarán a Mesa Electoral os seguintes alumnos:
Poderánse presentar as reclamacións oportunas ante a Coordinadora da Biblioteca mediante un escrito alegando o motivo polo que non pode asistir á Mesa Electoral.  

Xa temos nove nomes para a nosa mascota elexidos nas aulas. Xa temos candidatura...

Trompa, Letrín; Bibliotín, Fanty, Lecturitas, Merengue, Bimba, Bongongo o Bart.
Teredes que pensar e o Día das Eleccións votaredes por un deles.
A clase que queira pode facer campaña a favor do seu nome.
Seguiremos informando...