Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.
Mostrando entradas con la etiqueta 2º ciclo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2º ciclo. Mostrar todas las entradas

sábado, 2 de febrero de 2013

4 de febreiro, Día Mundial contra o Cancro: Mamá vaise á guerra.

A guerra máis dura é a que temos que librar contra nós memos, contra os nosos medos, as nosas inquietudes ou contra o noso corpo.


Unha enfermidade innombrable: o cancro.
Unha mamá que quere explicar aos seus fillos o que lle sucede e como cambiarán as súas vidas nos meses seguintes.
Unha raiña que inicia unha longa guerra con moitas batallas e que ten un exército de aliados que loitará sen condicións ao seu lado.  Un conto sobre a vida mesma.



Un relato que somerxerá nenos e adultos en interesantes aventuras a través do corpo humano. Unha historia cargada de positivismo que axudará a pais, médicos e educadores a transmitir aos máis pequenos valores como a coraxe, a solidariedade e a esperanza.

Baseada nun caso real, "Mamá vaise á guerra" é un contro nacido do corazón e do amor, que con tenrura e sentido do humor achegará luz a moitas persoas.

Open publication - Free publishing - More cancer


Detalles do libro:
Título en castelán: Mamá se va a la guerra.
Autora: Irene Aparici Martín
Ilustradora: Mónica Carretero
ISBN: 978-84-15503-16-3
Páxinas: 24
Papel: FSC
Cuberta: Tapa dura
Dimensións: 21 x 26 cm
Idioma: Castelán

miércoles, 23 de enero de 2013

Recomendacións nenos/as de 2º ciclo.

Uffffffffff, tanto leron os nenos e nenas de 2º ciclo que encheron o seu apartado de recomendacións. Picade na imaxe de abaixo e botarlle unha ollada que seguro que vos darán ideas para o próximo día que vaiades á biblioteca.
Seguir lendo e non se vos esqueza recomendar os libros que máis vos gusten no novo bloque de recomendacións.


viernes, 18 de enero de 2013

La escuela secreta de Nasreen

En Afganistán, dende a chegada dos talibáns, as nenas tiñan prohibido ir á escola, e as mulleres tiñan prohibido saír da súa casa sen ir acompañadas por un home da súa familia.
Esta é a historia real dunha nena chamada Nasreen. A raiz da desaparición dos seus pais Nasreen deixa de falar e a súa avoa decide levala a unha escola secreta. Grazas a ela, Nasreendescubrirá novos horizontes e compartirá as súas experiencias con outras nenas.

A pequena Nasreen leva o medo pintado no rostro. Tivo que vivir moi malas experiencias á súa curta idade e nada a fai feliz. Nunca sorrí, sempre está triste e taciturna. Os seus pais desapareceron, vítimas da barbarie dos gobernantes do seu país. E á súa avoa, para solucionalo, ocórreselle algo, que pode ser moi perigoso, pero que para a nena é a salvación: lévaa a unha escola de nenas. Non é unha escola normal, senón clandestina, porque onde vive Nasreen, as nenas non poden ir á escola. Grazas á aprendizaxe, "as ventás do mundo abríronse por fin" e Nasreen descubriu que había outra vida máis alá de á cal os talibáns a estaban a obrigar a vivir. 



En Occidente, que os nenos e nenas vaian ao colexio en igualdade de condicións é algo tan normal que ninguén lle pon atención, nin os propios alumnos, que, ás veces, se despistan e pensan que aprender é unha imposición dos seus maiores, pais e profesorado; pois ben, grazas a Nasreen talvez descubran que teñen moita sorte de poder ir a clase todos os días sen esconderse e sen temer polas súas vidas. E de paso aprenderán algo máis importante: ninguén pode impoñer á forza as súas ideas nin as súas leis.
  • La Escuela secreta de Nasreen. Una historia real de Afganistán.
  • Jeanette Winter.
  • ISBN: 978-84-261-3808-8.
  • Editorial  Juventud.
  • 48 páxinas.

sábado, 15 de diciembre de 2012

O lobo vermello.

A historia dun pequeno can que se cría con lobos e aprende a ser un máis da manda. Non obstante, é ferido nunha cazaría contra eles e lévano á casa dunha acomodada familia cuxa filla consegue salvalo, converténdose na súa amiga. Ela prometeralle que cando a súa vida chegue ao final, o levará ao barranco onde xacen os lobos mortos, tamén a súa nai loba.

O lobo vermello foi Premio Alemán de Literatura Infantil.

"... é un delicado canto ao respecto pola natureza así como unha alegación á dignidade dos seres vivos, sexa cal sexa a súa condición; as súas marabillosas imaxes de traxos suaves e que alternan o movemento máis frenético coa quietude máis emotiva son a maior homenaxe que se pode facer á vida en todas as súas manifestacións."
(Revista Babar)



  • O lobo vermello (El lobo rojo)
  • Friedrich Karl Waechter.
  • Número de páxinas: 64 a toda cor.
  • Encadernación: cartoné.
  • Formato: 22,3 x 28 cms.
  • ISBN: 978-84-96646-71-1
  • Idade: dende 8 anos.

domingo, 14 de octubre de 2012

Lecturas de medo. 2º ciclo.

Aquí tedes unha selección de lecturas de medo e misterio que podedes atopar na nosa biblioteca. Se che gustan os libros non esquezas recomendar a súa lectura aos teus compañeiros no espazo dedicado ás recomendacións de 2º ciclo, no  2 que hai na parte dereita do blogue.