¡Y habrá escuelas neutras allí! Nada tendrá fuerza suficiente para evitarlas.Y el progreso ganará lauros;la libertad entonará nuevos himnos a Minerva, y la Razón satisfecha, abrirá nuevos surcos en la conciencia y en el pensamiento de la romántica villa. (Sin nombre, 06/1920)
Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.
Mostrando entradas con la etiqueta Blogue pechado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Blogue pechado. Mostrar todas las entradas
jueves, 3 de mayo de 2012
Estimados seguidores deste Blogue, levamos máis dun mes sen conserxe...
Non só temos que abrir cando chaman...facemos as fotocopias, montamos os portátiles e os desmontamos,limpamos os iogures cando caen no recreo,desinfectamos cando hai que desinfectar,repartimos circulares, facemos manzanillas e ademáis limpamos algunha que outra vomitona...
E sabedes unha cousa, non se me caen os anillos por facer todo isto ...pero, mentres o fago, os rapaces non están atendidos como debería ser...
Eu amo a miña profesión, xa son 32 anos de ver pasando rapaciños ...pero o que está a pasar neste Concello descoloca ata o máis optimista...non lles importa en absoluto a educación pública...así que tomo a decisión de pechar os Blogues que xestiono eu, ...sintoo polos rapaces pero sinto que debo loitar ...apoio totalmente a iniciativa dos pais-voluntarios como conserxes e deciros que a considero unha protesta en positivo, neste caso non podo colaborar porque evidentemente non podo estar nos dous lados, pero sí podo pedir a colaboración de tódolos pais...por eles, polos vosos fillos.
Co meu agradecemento.Un saúdo.Luisa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
