Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.
Mostrando entradas con la etiqueta Ilustrador. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ilustrador. Mostrar todas las entradas

sábado, 11 de mayo de 2013

Encontro cun ilustrador: Carlos Silvar.

Carlos Silvar é un dos mellores ilustradores que temos en Galicia. O venres veu ao noso colexio a presentarnos o seu último libro: O Carballo. Mostrounos as ilustracións do libro e foinos contando os segredos da árbore máis maxestuosa e lonxeva da nosa terra. Algúns exemplares mesmo chegan aos 900 anos.
Aprendimos moitas cousas sobre a importancia que ten preservar estas árbores e os bosques que forman: as fragas.
Ao remate fíxonos unha bonita dedicatoria no libro que temos no rincón Voz Natura da biblioteca do noso co
lexio.

lunes, 26 de marzo de 2012

Un conto con Suso Cubeiro.

O ilustrador Suso Cubeiro contounos un bonito conto. Os nenos e nenas de educación infantil estivemos moi atentos e debuxamos o conto con Suso.Pica na foto para ver as imaxes...