Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.
Mostrando entradas con la etiqueta Samain. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Samain. Mostrar todas las entradas

lunes, 12 de noviembre de 2012

Malos, malosos.

Aquí tedes algúns dos Malos, malos que os nenos e nenas do noso colexio debuxaron para o Samain.

miércoles, 31 de octubre de 2012

Lecturas de medo 3.

Terceira entrega das lecturas de medo na nosa Biblioteca, os lectores foron:
  • Lúa, María e Jonathan de 3º, Bat Pat y el pantasma do Dr. Tufo.
  • Vicky e Álison de 6º, O misterio dos fillos da Lúa.
  • Adrián e Joel de 3º, O misterio do tren pantasma.
  • Hugo Portela de 4º,  Guillermo y el miedo.

viernes, 26 de octubre de 2012

Lecturas de medo 2.

Hoxe continuaron as lecturas de medo nos recreos e nesta ocasión tivemos a sorte de contar con:
  • A clase de 2º representou o conto Que ven o lobo.
  • Adriana, Nerea e Mar de 5º.
  • Javier, Natalia, Letizia e Hugo de 3º leron un fragmento de Guillermo y el miedo.
  • Iria de 4º Kika Superbruja y el castillo de Drácula.

jueves, 25 de octubre de 2012

Lecturas de medo na Biblioteca 1

Hoxe comezaron na nosa Biblioteca as lecturas de libros e contos de medo. Os encargados de abrir esta terrorífica actividade foron.
  1. Roberto de 4º O misterio do cemiterio vello.
  2. Antón de 3º A bruxa Regañadentes.
  3. Laura e Candela de 5º A miña amiga a escuridade.
  4. Uxía e Alba de 6º Bat Pat e o tesouro do cemiterio.

miércoles, 24 de octubre de 2012

Corre corre, cabaciña.

Os nenos e nenas de 6º representaron hoxe na biblioteca do colexio o conto "Corre corre, cabaciña". O éxito foi enorme e xa están recibindo ofertas de Hollywood. Parabens polo traballo realizado.

 

martes, 23 de octubre de 2012

Día da Biblioteca 2012: O xardín onde florecen as palabras.

O 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca, con tal motivo no noso centro preparamos unha serie de actividades. Os  nenos/as de 6º representarán para todo o colexio "Corre corre, cabaciña" e ao remate teremos unha sorpresa moi agradable...
PREGÓN DO DÍA DE BIBLIOTECA


 Non vin vella nin velliña, nin velliña nin vellón. Corre corre, cabaciña. Corre corre, cabazón!, respondía á cabaza que ía rodando polo camiño, ante a mirada estupefacta do lobo, do oso e do león. Quen estará dentro dela, facendo burla das tres feras?

Corre corre, cabaciña é un conto popular portugués, de gran tradición no país veciño, mais que aínda non fora editado en galego. Relata a historia dunha velliña que, de camiño ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence os animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras.


Ben que baixo denominacións diversas: A vella e os lobos, O macaco e a cabaça (na versión brasileira), A cabacinha ou A vella que ia na calabaça e encontrou um lobo, Alice Vieira, escritora sobranceira en Portugal, ou compiladores de contos tradicionais lusos como Adolfo Coelho, S. Romero, A. Oliveira ou L. Vasconcellos, recolleron incontables variantes desta historia por todo país e tamén polo Brasil. Nalgunha delas, os animais devoran a avoa, mais nesta adaptación elixiuse un final en que a vella e a neta, con enxeño, humor e imaxinación, conseguen superar os conflitos e dárllelo seu merecido ás tres feras. Cun ritmo áxil e co «lenga lenga» —case un trabalinguas—, aínda vivo nas versións portuguesas que circulan ata o de agora, este conto multiplica as posibilidades expresivas da narración e da representación teatral.


Por último, André Letria, ilustrador de gran prestixio alén do Miño e gañador en varias ocasións do Premio Nacional de Ilustración de Portugal, crea personaxes de gran forza e personalidade, que dota dunha expresividade acentuada e dun imaxinario humorístico ben definido.

Texto de Eva Mejuto, a partir dun conto popular portugués
Ilustracións de André Letria


sábado, 20 de octubre de 2012

Contos para asustar ao medo.

Achégase a celebración do Samain, antiga festividade celta coa que se pretende naturalizar e desdramatizar a morte, con tal motivo a  editorial OQO presenta unha serie de contos para asustar ao medo.


              


viernes, 12 de octubre de 2012

Tempo de Samain.

Achégase o Samain, tempo de misterio e maxia. Dende a biblioteca do cole prometémosvos unhas lecturas de medo... Uhhhhhhhhh