Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.
Mostrando entradas con la etiqueta Isaac Díaz Pardo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Isaac Díaz Pardo. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de enero de 2012

Homenaxe Isaac Díaz Pardo...Nota de prensa da ANPA


Nota de prensa
18.01.12

A ANPA do CEIP “Sada y sus Contornos”, nun escrito remitido onte ao alcalde de Sada, a través do rexistro xeral do Concello, co número 282, informa da decisión deste colectivo cidadán de adherirse á homenaxe institucional á Isaac Díaz Pardo do vindeiro venres, día 20.

... A nosa ANPA, quere amosar a súa tristura e condolencia á familia, amigos e concidadáns de Isaac Diaz Pardo, polo seu falecemento ocurrido o pasado día 5. Isaac, ser humán entrañable, poliédrico persoeiro da nosa cultura, traballador incansabel en prol da defensa da nosa cultura e lingua, creando no noso municipio o Centro de Cerámica do Castro e o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, centro de arte fundamental no panorama galego e estatal, cunha gran variedade de artistas galegos

Cremos que a figura de Isaac Diaz Pardo, debe ser homenaxeada por todos nos, por ser unha figura que traballou aprol de Galicia, das libertades, dos valores democráticos, das ideas progresistas e da creación, do deseño, por ter creado cultura accesible, pola súa capacidade de combinación do concepto cultura-empresa e o permanente compromiso e colaboración co CEIP “Sada y sus Contornos”, alumn@s, Claustro e ANPA.

Por estas razóns, a ANPA do CEIP “Sada y sus Contornos”, en acordo adoptado pola Xunta Directiva en sesión extraordinaria, adhírese ao acto institucional convocado polo concello, o vindeiro día 20, na Casa da Cultura de Sada.

Xunta Directiva.

lunes, 9 de enero de 2012

Galicia de loito...Morre Isaac Díaz Pardo

Estimadas familias:
Comezamos o novo ano cunha triste noticia, a morte de D.Isaac Díaz Pardo.

Galicia despide hoxe a Díaz Pardo, un xigante da cultura

05.01.2012  Falece en A Coruña ós 91 anos o intelectual e galeguista // Estivo en contacto cos personaxes máis importantes da cultura e a política galega // Artista polifacético, foi, entre outras actividades, pintor, ensaista, ceramista e empresario // Obtivo numerosas distincións e recoñecementos, entre eles o Gallego del Año de 1992, que entrega o Grupo Correo Gallego

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2012/01/06/intelectual-isaac-diaz-pardo-fallece-coruna-91-anos/0003_201201G6P46991.htm