Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

lunes, 30 de enero de 2012

30 de Xaneiro: Entre todos construímos a Paz.

Libro interactivo para traballar a Paz e Premios Nobel da Paz con rapaces e rapazas de Educación Infantil e Primaria.
Autor: ANA MARTÍNEZ REY
 Se queredes traballar no libro picade na foto...

Paraugas pola Paz.

Día 30 de Xaneiro.Pica en Paraugas pola Paz  e verás as fotos da actividade na Web do Colexio.

martes, 24 de enero de 2012

Actividade solidaria no centro...O fútbol que queremos...

Picade aquí para ver máis sobre a actividade "O fútbol que queremos"

Aquí tedes o trailer do informativo territorial  da TVE  de Galicia recollendo a noticia...

jueves, 19 de enero de 2012

Homenaxe Isaac Díaz Pardo...Nota de prensa da ANPA


Nota de prensa
18.01.12

A ANPA do CEIP “Sada y sus Contornos”, nun escrito remitido onte ao alcalde de Sada, a través do rexistro xeral do Concello, co número 282, informa da decisión deste colectivo cidadán de adherirse á homenaxe institucional á Isaac Díaz Pardo do vindeiro venres, día 20.

... A nosa ANPA, quere amosar a súa tristura e condolencia á familia, amigos e concidadáns de Isaac Diaz Pardo, polo seu falecemento ocurrido o pasado día 5. Isaac, ser humán entrañable, poliédrico persoeiro da nosa cultura, traballador incansabel en prol da defensa da nosa cultura e lingua, creando no noso municipio o Centro de Cerámica do Castro e o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, centro de arte fundamental no panorama galego e estatal, cunha gran variedade de artistas galegos

Cremos que a figura de Isaac Diaz Pardo, debe ser homenaxeada por todos nos, por ser unha figura que traballou aprol de Galicia, das libertades, dos valores democráticos, das ideas progresistas e da creación, do deseño, por ter creado cultura accesible, pola súa capacidade de combinación do concepto cultura-empresa e o permanente compromiso e colaboración co CEIP “Sada y sus Contornos”, alumn@s, Claustro e ANPA.

Por estas razóns, a ANPA do CEIP “Sada y sus Contornos”, en acordo adoptado pola Xunta Directiva en sesión extraordinaria, adhírese ao acto institucional convocado polo concello, o vindeiro día 20, na Casa da Cultura de Sada.

Xunta Directiva.

miércoles, 18 de enero de 2012

Los libros reivindican su lugar en el mundo en esta animación stop motion...Enviado por Nilda Fafián.

A pesar de que los libros electrónicos tienen innumerables ventajas tanto para creadores, tiendas, autores e incluso el medio ambiente, lo cierto es que sus primos en papel todavía se resisten a dar el paso y desaparecer.
No es lógico la verdad, pero lo cierto es que un libro en papel tiene algo especial, una sensación y una magia que todos aseguran que los libros electrónicos no pueden transmitir. Tal vez sea romanticismo o falta de adaptación, pero el caso es que en esta animación stop motion nos dejan clara su postura.
La animación ha sido creada para la librería Type en Toronto, Canadá, a modo de publicidad, tanto para ellos como el formato de libro en papel de toda la vida.
Al haberse realizado todo por stop motion en una librería real, para su desarrollo han tenido que hacer la animación por las noches, obligándoles a terminar cada escena un una misma noche, ya que al día siguiente los clientes cambiarían todo de sitio.
Una obra muy curiosa y elegante que tiene un trabajo enorme detrás de casi 30 personas moviendo y cambiando libros, grabando y editando.
Supongo que tendrían que hacer lo mismo con los CDs y DVDs, pero claro, como que no tienen cientos de años de historia como para que la gente les haya tomado tanto cariño.

lunes, 9 de enero de 2012

Galicia de loito...Morre Isaac Díaz Pardo

Estimadas familias:
Comezamos o novo ano cunha triste noticia, a morte de D.Isaac Díaz Pardo.

Galicia despide hoxe a Díaz Pardo, un xigante da cultura

05.01.2012  Falece en A Coruña ós 91 anos o intelectual e galeguista // Estivo en contacto cos personaxes máis importantes da cultura e a política galega // Artista polifacético, foi, entre outras actividades, pintor, ensaista, ceramista e empresario // Obtivo numerosas distincións e recoñecementos, entre eles o Gallego del Año de 1992, que entrega o Grupo Correo Gallego

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2012/01/06/intelectual-isaac-diaz-pardo-fallece-coruna-91-anos/0003_201201G6P46991.htm