Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.
Mostrando entradas con la etiqueta 1º ciclo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1º ciclo. Mostrar todas las entradas

sábado, 2 de febrero de 2013

4 de febreiro, Día Mundial contra o Cancro: Mamá vaise á guerra.

A guerra máis dura é a que temos que librar contra nós memos, contra os nosos medos, as nosas inquietudes ou contra o noso corpo.


Unha enfermidade innombrable: o cancro.
Unha mamá que quere explicar aos seus fillos o que lle sucede e como cambiarán as súas vidas nos meses seguintes.
Unha raiña que inicia unha longa guerra con moitas batallas e que ten un exército de aliados que loitará sen condicións ao seu lado.  Un conto sobre a vida mesma.



Un relato que somerxerá nenos e adultos en interesantes aventuras a través do corpo humano. Unha historia cargada de positivismo que axudará a pais, médicos e educadores a transmitir aos máis pequenos valores como a coraxe, a solidariedade e a esperanza.

Baseada nun caso real, "Mamá vaise á guerra" é un contro nacido do corazón e do amor, que con tenrura e sentido do humor achegará luz a moitas persoas.

Open publication - Free publishing - More cancer


Detalles do libro:
Título en castelán: Mamá se va a la guerra.
Autora: Irene Aparici Martín
Ilustradora: Mónica Carretero
ISBN: 978-84-15503-16-3
Páxinas: 24
Papel: FSC
Cuberta: Tapa dura
Dimensións: 21 x 26 cm
Idioma: Castelán

viernes, 18 de enero de 2013

La escuela secreta de Nasreen

En Afganistán, dende a chegada dos talibáns, as nenas tiñan prohibido ir á escola, e as mulleres tiñan prohibido saír da súa casa sen ir acompañadas por un home da súa familia.
Esta é a historia real dunha nena chamada Nasreen. A raiz da desaparición dos seus pais Nasreen deixa de falar e a súa avoa decide levala a unha escola secreta. Grazas a ela, Nasreendescubrirá novos horizontes e compartirá as súas experiencias con outras nenas.

A pequena Nasreen leva o medo pintado no rostro. Tivo que vivir moi malas experiencias á súa curta idade e nada a fai feliz. Nunca sorrí, sempre está triste e taciturna. Os seus pais desapareceron, vítimas da barbarie dos gobernantes do seu país. E á súa avoa, para solucionalo, ocórreselle algo, que pode ser moi perigoso, pero que para a nena é a salvación: lévaa a unha escola de nenas. Non é unha escola normal, senón clandestina, porque onde vive Nasreen, as nenas non poden ir á escola. Grazas á aprendizaxe, "as ventás do mundo abríronse por fin" e Nasreen descubriu que había outra vida máis alá de á cal os talibáns a estaban a obrigar a vivir. 



En Occidente, que os nenos e nenas vaian ao colexio en igualdade de condicións é algo tan normal que ninguén lle pon atención, nin os propios alumnos, que, ás veces, se despistan e pensan que aprender é unha imposición dos seus maiores, pais e profesorado; pois ben, grazas a Nasreen talvez descubran que teñen moita sorte de poder ir a clase todos os días sen esconderse e sen temer polas súas vidas. E de paso aprenderán algo máis importante: ninguén pode impoñer á forza as súas ideas nin as súas leis.
  • La Escuela secreta de Nasreen. Una historia real de Afganistán.
  • Jeanette Winter.
  • ISBN: 978-84-261-3808-8.
  • Editorial  Juventud.
  • 48 páxinas.

lunes, 14 de enero de 2013

Elmer

Queremos recomendarvos a lectura dun libro que temos na nosa biblioteca e que se titula Elmer.

Elmer é membro dunha manda de elefante de todo tipo: novos, vellos, altos, gordos ou delgados, pero todos eles de cor elefante. Elmer, en cambio, é amarelo, e alaranxado, e vermello, e rosado, e morado, e azul, e verde, e negro e brando. Elmer é diferente, e é único.

Elmer é moi divertido. Os seus compañeiros rin con el, per cre que se rin del por ser diferente. ë por isto polo que decide irse lonxe do grupo.


Cando consegue ter a cor gris, despois de fregarse cos froitos dunha árbore desta cor, decide regresar. Ao chegar comproba que a manda está máis seria e aburrida que nunce. Para saber como consegue facelos rir de novo terás queler o libro...                          Este libro gusta polos valores que transmite: amizade, autoestima, bondade, humor, alegría, optimismo e sobre todo a tolerancia e o respecto a ser diferente. Todos iguais pero todos distintos.                                                                                                                                                                                   
                                                                                                                                                                                                                                            
  





martes, 23 de octubre de 2012

Día da Biblioteca 2012: O xardín onde florecen as palabras.

O 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca, con tal motivo no noso centro preparamos unha serie de actividades. Os  nenos/as de 6º representarán para todo o colexio "Corre corre, cabaciña" e ao remate teremos unha sorpresa moi agradable...
PREGÓN DO DÍA DE BIBLIOTECA


 Non vin vella nin velliña, nin velliña nin vellón. Corre corre, cabaciña. Corre corre, cabazón!, respondía á cabaza que ía rodando polo camiño, ante a mirada estupefacta do lobo, do oso e do león. Quen estará dentro dela, facendo burla das tres feras?

Corre corre, cabaciña é un conto popular portugués, de gran tradición no país veciño, mais que aínda non fora editado en galego. Relata a historia dunha velliña que, de camiño ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence os animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras.


Ben que baixo denominacións diversas: A vella e os lobos, O macaco e a cabaça (na versión brasileira), A cabacinha ou A vella que ia na calabaça e encontrou um lobo, Alice Vieira, escritora sobranceira en Portugal, ou compiladores de contos tradicionais lusos como Adolfo Coelho, S. Romero, A. Oliveira ou L. Vasconcellos, recolleron incontables variantes desta historia por todo país e tamén polo Brasil. Nalgunha delas, os animais devoran a avoa, mais nesta adaptación elixiuse un final en que a vella e a neta, con enxeño, humor e imaxinación, conseguen superar os conflitos e dárllelo seu merecido ás tres feras. Cun ritmo áxil e co «lenga lenga» —case un trabalinguas—, aínda vivo nas versións portuguesas que circulan ata o de agora, este conto multiplica as posibilidades expresivas da narración e da representación teatral.


Por último, André Letria, ilustrador de gran prestixio alén do Miño e gañador en varias ocasións do Premio Nacional de Ilustración de Portugal, crea personaxes de gran forza e personalidade, que dota dunha expresividade acentuada e dun imaxinario humorístico ben definido.

Texto de Eva Mejuto, a partir dun conto popular portugués
Ilustracións de André Letria


domingo, 14 de octubre de 2012

Libros de medo. 1º ciclo.

Aquí tedes unha selección de lecturas de medo e misterio que podedes atopar na nosa biblioteca. Se che gustan os libros, pregúntalle á túa mestra como podes recomendalos aos teus compañeiros/as.