Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

domingo, 3 de junio de 2012

Por fin, AMPLIACIÓN SÍ...por eles...polo seu soño...

Noticia redactada e publicada por ANPA AS MARIÑAS  que eu comparto aquí...Grazas pola vosa loita.

AMPLIACIÓN, SÍ!
Por eles, por aqueles que fixeron posible a escolas dos nosos fillos, fará 85 anos o vindeiro 4 de setembro.
Aí tédelos, nunha das festas que organizaban en Nova York, para recadar fondos para construír a escola dos nosos fillos.
Mírannos. Sentímolo.
Queremos estar á súa altura e ser dignos continuadores da súa loita pola Educación Pública de todos e para todos e a favor da Cultura de todos os sadenses.
Na súa memoria, que é a Memoria de Sada.
Anpa As Mariñas.

Por fin...AMPLIACIÓN SÍ...Grazas a todos os que loitachedes...

Para ver a noticia:
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2012/06/03/educacion-ampliara-sada-contornos-expropie-parcela-anexa/614750.html
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2012/06/02/colegio-sada-contornos-tendra-cinco-nuevas-aulas/00031338635335303674878.htm

jueves, 3 de mayo de 2012

Estimados seguidores deste Blogue, levamos máis dun mes sen conserxe...



Non só temos que abrir cando chaman...facemos as fotocopias, montamos os portátiles e os desmontamos,limpamos os iogures cando caen no recreo,desinfectamos cando hai que desinfectar,repartimos circulares, facemos manzanillas e ademáis limpamos algunha que outra vomitona...
E sabedes unha cousa, non se me caen os anillos por facer todo isto ...pero, mentres o fago, os rapaces non están atendidos como debería ser...
Eu amo a miña profesión, xa son 32 anos de ver pasando rapaciños ...pero o que está a pasar neste Concello descoloca ata o máis optimista...non lles importa en absoluto a educación pública...así que tomo a decisión de pechar os Blogues que xestiono eu, ...sintoo polos rapaces pero sinto que debo loitar ...apoio totalmente a iniciativa dos pais-voluntarios como conserxes e deciros que a considero unha protesta en positivo, neste caso non podo colaborar porque evidentemente non podo estar nos dous lados, pero sí podo pedir a  colaboración de tódolos pais...por eles, polos vosos fillos.
Co meu agradecemento.Un saúdo.Luisa.

miércoles, 25 de abril de 2012


Publicado el Catálogo 2012 con la producción editorial en gallego para los lectores más jóvenes

“Galician Books for Children and Young Adults 2012”, el Catálogo de 2012 con la producción editorial en gallego para los lectores más jóvenes, fue presentado en  Pontevedra. La Xunta colabora con las editoriales gallegas y los creativos vinculados a esta edición para colocar su producción en el mercado internacional. El catálogo también está disponible en internet. Pica aquí:

A produción editorial galega para os lectores máis novos publicada en 2011 preséntase reunida nun volume trilingüe, redactado en galego, castelán e inglés. Trátase do catálogo Galician Books for Children and Young Adults 2012, unha obra editada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coa coordinación editorial da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix).