Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

sábado, 4 de junio de 2016

"O regato do Cepelo" de Manuel María. Actores: Alumnos de 4º de E:P:

Durante estes días estiveron no colexio representando unha obriña de Manuel María os rapaces de 4º. Titúlase " O regato do Cepelo" no que se denuncia e combate a destrucción da Natureza para dar paso a novas construccións. Unha pequena confrontación entre o alcalde, o pobo , os animais e as constructoras.
Ao final sae gañando a Natureza.
Bravo polos rapaces de 4º!
Bravo pola súa directora de teatro!
Bravo por Manuel María!...que nos lembra que a Natureza é unha das mellores cousas que temos e que debemos conservar.
Aquí deixamos constancia do ben que o fixeron estes rapaces convertidos todos nuns grandes actores e actrices. Parabens a todos!

O Regato do Cepelo 4º from efsadaycontornos on Vimeo.

martes, 24 de mayo de 2016

domingo, 24 de abril de 2016

Onte foi o Día do Libro, onte en moitos lugares léronse poemas de Manuel María.

O pobo galego ten que ser o protagonista da reposición e normalización do seu idioma en todos os espazos e lugares e para todos os usos, activándose os 365 días dos ano.
O Día do libro quixo homenaxear a Manuel María a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.

“A fala”. Manuel María

“A fala”
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a língua
se queremos vencer!

23 de Abril. Día do libro.



Sada celebra o Día do Libro con 

identificadores e actividades de lectura na rúa.

sábado, 27 de febrero de 2016

Os rapaces de 5º escriben e ilustran contos para o Kamishibai. Parabens rapaces!

Despois imos contarllelos aos rapaces de Educación infantil e 1º Ciclo. Tamén decidimos convertirnos en Editorial. Chámase Editorial L,L,SL.